[25/04/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contribúe á celebración do Día Internacional da Danza, que se conmemora o 29 de abril, cunha serie de actuacións do Centro Coreográfico Galego compartidas con escolas de baile de distintas localidades. A estas accións especiais, que terán lugar entre o 28 de abril e o 15 de maio en Lugo, Arteixo, Pontevedra e Ponteceso, súmase a presenza da compañía pública galega na carteleira do festival Abril en Danza de Elxe (Alacante) o domingo 28 de abril.
O AUDITORIO MAR DE VIGO ACOLLE A FUNCIÓN COA QUE A UNIDADE DE DANZA DA AGADIC FINALIZA PRIMEIRA QUENDA DE REPRESENTACIÓNS DESTA MONTAXE, QUE FOI VISTA XA POR MÁS DE 13.400 ESPECTADORES
[13/03/2013]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria finaliza esta sábado 16 de marzo en Vigo a primeira fase de representacións do Quebranoces do Centro Coreográfico Galego (CCG), versión do famoso ballet de Tchaikovski e Petipa que será representada ás 18.00 horas no Auditorio Mar de Vigo coa participación de medio centenar de alumnas de danza da cidade con idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos.
A UNIDADE DE DANZA DA XUNTA OFRECEU UN TOTAL DE 12 FUNCIÓNS EN SETE ESCENARIOS GALEGOS NUNHA PRIMEIRA QUENDA DE REPRESENTACIÓNS DA SÚA VERSIÓN DO CLÁSICO DE TCHAIKOVSKI E PETIPA
[25/02/2013]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reuniu máis de 13.400 espectadores durante a xira que o Centro Coreográfico Galego (CCG) desenvolveu entre os meses de decembro e febreiro coa súa versión do ballet clásico Quebranoces, da que ofreceu un total de 12 funcións en sete escenarios de toda Galicia.
CORENTA E CINCO ALUMNOS FORON SELECCIONADOS PARA A REPRESENTACIÓN QUE TERÁ LUGAR O SÁBADO 16 NO AUDITORIO MUNICIPAL, ONDE ACTUARÁN XUNTO AOS BAILARÍNS DA COMPAÑÍA PÚBLICA
[08/02/2013]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a xira do Centro Coreográfico Galego (CCG) coa súa versión do famoso ballet Quebranoces, de Tchaikovski e Petipa, que o vindeiro sábado 16 de febreiro ás 21.00 horas será representado no Auditorio Municipal de Cangas en colaboración coa Escola de Danza Maite Quiñones desta localidade.
A REPRESENTACIÓN TERÁ LUGAR ÁS 12.00 H NO PAZO DA ÓPERA, ONDE DESDE ONTE SE ESTÁN A DESENVOLVER PASES PARA CENTROS ESCOLARES AOS QUE ASISTIRÁN MÁIS DE 7.000 ESTUDANTES DA COMARCA
[07/02/2013]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Orquestra Sinfónica de Galicia na posta en escena na Coruña do ballet Quebranoces do Centro Coreográfico Galego (CCG) que, tralos pases para escolares que está a desenvolver desde onte, culminará a súa estadía no Pazo da Ópera cunha función para público familiar o sábado 8 ás 12.00 horas.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34