AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



Novas

Ovay A MONTAXE QUE FORA ESTREADA EN GALICIA EN 2009 VIAXARÁ AO REINO HACHEMITA MEDIANTE UN ACORDO ACADADO CO INSTITUTO CERVANTES

"Ovay", coprodución de Quique Peón e o CCG, representarase en tres escenarios de Xordania

Documento anexo [27/04/2010] Ovay, o espectáculo coproducido en 2009 como debut da compañía de danza Quique Peón e realizado en coprodución co Centro Coreográfico Galego, levará a cabo unha serie de representacións a principios de maio en Xordania, en virtude dun acordo acadado co Instituto Cervantes e os seus centros asociados no reino hachemita. Desenvolveranse en total 3 funcións, que terán lugar o día 3 no Free Theatre Festival de Amman, o 5 no Centro Cultural Rey Abdullah II de Zarqa e o 6 de maio tamén en Amman, pero desta volta no Gran Teatro da Universidade da capital xordana.

O RELATORIO, DE ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR O AFORO, TERÁ LUGAR MAÑÁ DÍA 22 ÁS 19.30 H

O CCG organiza no Salón Teatro unha conferencia sobre lectura e danza a cargo de María Dolores Fojón

[21/04/2010] A mestra e coreógrafa María Dolores Fojón impartirá mañá xoves 22 ás 19.30 horas no Salón Teatro de Santiago a conferencia "A lectura e a danza", que organiza o Centro Coreográfico Galego (CCG) como xeito de conxugar as celebracións este mes dos días internacionais do libro (23 de abril) e da danza (29 de abril). De entrada libre ata completar o aforo, o relatorio ofrecerá un percorrido pola historia da danza a través da visión que das artes do movemento e da súa evolución ofreceron pensadores e escritores de todos os tempos.

<< 2010 >>
<< abril >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais