AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



Novas

Imaxe de ensaio de "Etheria..." A AGADIC E O XACOBEO COLABORAN NESTE PROGRAMA DE DIFUSIÓN. O ESPECTÁCULO COMPLETO PODERÁ VERSE OS DÍAS 28 E 29 NO SALÓN TEATRO

O CCG inicia en Santiago o ciclo "Camiños en Danza" co que levará accións sobre "Etheria, a viaxe soñada" a 17 concellos

Documento anexo [26/07/2010] O Centro Coreográfico Galego (CCG) inicia en Santiago o ciclo "Camiños en danza", un novo programa de difusión da danza actual galega mediante a escenificación de accións e improvisacións coreográficas a partir do espectáculo Etheria, a viaxe soñada nun total de 17 concellos galegos. A Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Xacobeo 2010 colaboran nesta iniciativa que se desenvolverá ata setembro en emprazamentos ao aire libre e de tránsito público de localidades ubicadas nalgunha das rutas de peregrinación a Compostela.

Etheria A ACTUACIÓN SERÁ NA MEDIANOITE DO SÁBADO E DE ACCESO LIBRE PARA O PÚBLICO

"Etheria, a viaxe soñada" do CCG pecha a Mostra de Teatro de Cangas cunha actuación na Praza das Pontes

Documento anexo [09/07/2010] O Centro Coreográfico Galego (CCG) e o seu novo espectáculo Etheria, a viaxe soñada pecharán a vixésimo sétima edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas cunha representación que terá lugar na noite do sábado 10 de xullo (00:30 horas) na Praza das Pontes. De acceso libre para o público, será a primeira función da compañía sobre un escenario exterior, para o que se levará a cabo unha adaptación especial da montaxe aínda que mantendo aos 21 artistas en escena -entre bailaríns e músicos- que contempla o formato orixinal.

Etheria, a viaxe soñada ESTE SÁBADO ÁS 21.30 HORAS NO TEATRO ROSALÍA CASTRO

O Centro Coreográfico estrea na Coruña "Etheria, a viaxe soñada" baixo a dirección de Mercedes Suárez

Documento anexo [01/07/2010] O Centro Coreográfico Galego (CCG) estrea Etheria, a viaxe soñada este sábado 3 de xullo, ás 21:30 horas, no Teatro Rosalía Castro da Coruña. O novo espectáculo, que pasa a ser a cuarta produción propia da unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo, está dirixida pola coreógrafa coruñesa Mercedes Suárez e amosa unha particular visión do mundo das peregrinacións a través da recreación da historia da muller que puido ser a primeira peregrina galega. Trala función de estrea, haberá un segunda representación do espectáculo o domingo 4 á mesma hora.

<< 2010 >>
<< xullo >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Accesibilidade | Aviso legal

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e DeporteAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais