"AÍNDA" CÉNTRASE NUNHA PEZA CREADA POR MERCEDES SUÁREZ XUNTO A AMAURY LEBRUM E COMPLÉTASE CON "JARDÍ TANCAT" DE NACHO DUATO
[26/04/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa na Semana da Danza de Lugo cunha mostra do traballo en proceso do próximo espectáculo do Centro Coreográfico Galego, que terá lugar hoxe xoves ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire. O público do certame organizado polo Conservatorio Profesional de Danza e o Concello de Lugo será o primeiro en coñecer parte da nova proposta da compañía pública galega que, baixo o título de Aínda, será estreada o 25 de maio no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
MERCEDES SUÁREZ PARTICIPOU HOXE NA PRESENTACIÓN PÚBLICA DUNHA PARTE DA PEZA
[12/04/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia, a través da coprodución emprendida co Centro Coreográfico Galego (CCG), a estrea e difusión do espectáculo de música e danza titulado Gharbo!, creado pola compañía coruñesa Contra2. O equipo técnico e artístico da montaxe ofreceu hoxe diante de público especializado a representación dun fragmento da peza como avance da estrea que terá lugar os próximos 10 e 11 de maio no Teatro Rosalía Castro da Coruña.