AS PEZAS "JARDÍ TANCAT", DE NACHO DUATO, E "AÍNDA", DE AMAURY LEBRUN E MERCEDES SUÁREZ, INTEGRAN O PROGRAMA DOBRE QUE SE REPRESENTA NO TEATRO PRINCIPAL ÁS 20.30 HORAS
[25/05/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta mañá, ás 20.30 horas, no Teatro Principal de Ourense o novo espectáculo do Centro Coreográfico Galego que, baixo o título conxunto de AÍNDA, ofrece un programa dobre integrado polas pezas Jardí Tancat, de Nacho Duato, e Aínda, de Amaury Lebrun e Mercedes Suárez. Esta será a segunda función da nova proposta escénica da compañía pública, que inicia xira en Ourense trala estrea que se celebra hoxe no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e á que asistirán o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Juan Carlos F. Fasero.
AS OBRAS "JARDÍ TANCAT" E "AÍNDA" DAN FORMA AO PROGRAMA DOBRE QUE SE PRESENTA MAÑÁ NO TEATRO ROSALÍA
[24/05/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estrea mañá no Teatro Rosalía de Castro o novo espectáculo do Centro Coreográfico Galego que, baixo o título conxunto de AÍNDA, reúne no programa as pezas Jardí Tancat, de Nacho Duato, e Aínda, de Mercedes Suárez e Amaury Lebrun. Tras esta primeira función, que dará comezo ás 20.30 h, a compañía pública de danza viaxará a Ourense para actuar o sábado 26, á mesma hora, no Teatro Principal.
O TEATRO ROSALÍA CASTRO ACOLLE AS DÚAS PRIMEIRAS FUNCIÓNS DESTA PROPOSTA COREOGRÁFICA, CON MÚSICA E VOZ EN DIRECTO, NA QUE CONVIVEN TRADICIÓN GALEGA E FORMAS CONTEMPORÁNEAS
[09/05/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou hoxe na Coruña na presentación da estrea de Gharbo!, espectáculo de danza, música e voz ao vivo que a compañía galega Contra2 realizou co apoio do Centro Coreográfico Galego, en réxime de coprodución. As dúas primeiras funcións desta montaxe multidisplinar e anovadora, na que a tradición galega convive con formas musicais e de movemento contemporáneas, terán lugar mañá día 10 e o venres 11, ás 20.30 horas.