[12/04/2007] Vacuo, a peza inaugural do Centro Coreográfico Galego (CCG) creada e dirixida por Maruxa Salas, representarase dentro dos programas artísticos dos festivais Mov-s de Barcelona, onde se exhibirá mañá 13 de abril no Sant Andreu Teatre; e de Dansa València, que acollerá o espectáculo o luns día 30 na sala L’Altre Espai. A primeira coreografía da nova unidade de produción de danza da Consellaría de Cultura e Deporte amosarase deste xeito ante o público de dúas das citas máis importantes no ámbito da danza; e completa así o período de distribución que está a levar, cun grande éxito de público, por distintas localidades galegas.
A PEZA DE MARUXA SALAS MUSICADA POR BERROGÜETTO EXHÍBESE EN COMPOSTELA DO 11 AO 14 DE XANEIRO
[10/01/2007]
O Salón Teatro de Santiago acolle do 11 ao 14 de xaneiro catro representacións de Vacuo, a peza que Maruxa Salas deseñou para a inauguración do Centro Coreográfico Galego (CCG), que chega a Compostela trala súa estrea o pasado 6 de xaneiro na Coruña como primeira proposta artística da nova unidade de danza dependente da Consellería de Cultura e Deporte ao través do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais).
[04/01/2007]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) sube por vez primeira aos escenarios con Vacuo, produción propia coa que debuta os días 6 e 7 de xaneiro no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Coa posta en escena desta peza, asinada pola coreógrafa ourensá Maruxa Salas, culminan catro intensos meses de creación e ensaios durante os que o seu equipo artístico deu forma a unha obra interdisciplinar que constitúe a carta de presentación ante o público da nova unidade de danza do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), organismo adscrito á Consellería de Cultura e Deporte.
ESTREARÁ A PRODUCIÓN "VACUO" O 6 DE XANEIRO NA CORUÑA
[15/12/2006]
O Centro Coreográfico Galego (CCG), unidade de nova creación integrada na estrutura do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais da Consellaría de Cultura e Deporte, inicia o seu funcionamento a prol do desenvolvemento integral no ámbito da danza contemporánea en Galicia coa posta en marcha de diferentes liñas de actuación dirixidas tanto aos artistas como á cidadanía. A nova entidade foi presentada este mediodía pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, nun acto celebrado no Museo de Belas Artes da Coruña –cidade na que o Centro ten a súa sede– e no que tamén participaron o xerente do IGAEM, Miguel Martín, e a coordinadora do CCG, Natalia Balseiro.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22