A ACTIVIDADE PARA 2010 COMPLÉTASE CON 2 COPRODUCIÓNS E 8 RESIDENCIAS ARTÍSTICAS
[29/12/2009] O Centro Coreográfico Galego (CCG) estreará en 2010 un novo espectáculo que integrará danza, música en directo e contidos audiovisuais, baixo a dirección artística de creadores galegos. A unidade de produción de danza da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) completará a súa actividade anual co desenvolvemento de dúas pezas máis en réxime de coprodución; e a titoría de oito proxectos de deseño e investigación coreográfica dentro do programa de artistas residentes.
O PROCESO CREATIVO DE "YO FUI UN HOMBRE LOBO ADOLESCENTE INVENTANDO HORRORES" PRESÉNTASE MAÑÁ NA NAVE DA AGADIC
[17/12/2009] O Centro Coreográfico Galego (CCG) conclúe mañá o seu programa de residencias artísticas para 2009 coa mostra ao público do traballo do creador catalán Guillem Mont de Palol, Yo fui un hombre lobo adolescente inventando horrores. A nave da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) en Santiago de Compostela (rúa Polonia, 30) acollerá ás 20:00 horas a interpretación desta proposta coreográfica sobre temas como a morte ou o medo, así coma o coloquio posterior entre os artistas e os espectadores asistentes.
A MOSTRA, NA QUE ESTARÁ ACOMPAÑADA DAS BAILARINAS JANET NOVÁS E ANDREA QUINTANA, TERÁ LUGAR MAÑÁ DÍA 1 ÁS 19.00 HORAS NA NAVE DA AGADIC
[30/09/2009] A coreógrafa e bailarina Rut Balbis, artista residente do Centro Coreográfico Galego (CCG) co proxecto Tres, presentará mañá xoves 1 de outubro en Santiago o resultado deste proceso creativo no marco dunha mostra aberta aos profesionais e público interesados que terá lugar a partir das 19.00 horas na nave da AGADIC no Polígono Costavella (Rúa Polonia, nº 30). Trala interpretación da peza, na que Balbis estará acompañada polas bailarinas Janet Novás e Andrea Quintana, abrirase un coloquio entre os artistas e os asistentes.
OS PROXECTOS "3" E "ARQUITECTURAS INTERIORES" EXHIBIRANSE MAÑÁ A PARTIR DAS 20.30 HORAS[29/09/2009] Os creadores Víctor Zambrana e Carolina Fernández rematan mañá día 30 as súas respectivas residencias artísticas no Centro Coreográfico Galego cunha mostra aberta ao público dos traballos escénicos resultantes: Tres e Arquitecturas interiores, respectivamente. Esta primeira toma de contacto cos espectadores celebrarase a partir das 20.30 horas no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, espazo que durante este mes de setembro acolleu ambos procesos creativos. Tralas presentacións, abrirase un coloquio entre os artistas e os asistentes para afondar nos distintos aspectos das súas propostas.
ESTA PEZA, RESULTADO DA INVESTIGACIÓN COREOGRÁFICA CONCIBIDA E DIRIXIDA POR ERICK JIMÉNEZ, DESENVOLVERASE A PARTIR DAS 20.30 H NA PRAZA DE AMBOAXE
[30/07/2009]
O Centro Coreográfico Galego inaugura mañá venres 31 de xullo o programa cultural "O Jofre fóra de si" do Concello de Ferrol coa posta en escena na praza de Amboaxe da peza La 8, resultado da investigación ideada e dirixida polo coreógrafo Erick Jiménez. Trece bailarinas e bailaríns interpretan esta acción coreográfica, que dará comezo ás 20.30 horas na confluencia das rúas Dolores e Sánchez Barcaiztegui.
La 8 en YouTube.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22