[18/03/2009]
«Cando nos volveremos ver? Cando, o sabor terroso dos teus labios, virá rozar de novo a ansiedade do meu espírito? A terra é coma unha refolada de labios mortais. A vida socávanos fronte ao abismo de todos os aloumiños que nos faltaran».
As palabras son de Artaud, do libro A Arte e a Morte, mais poderían ser debuxos escritos coa pulsión vital do desmaio que acomete os corpos transformados de Giseliña, a nova produción do Centro Coreográfico Galego, asinada polo catalán, asentado en Suíza, Cisco Aznar. É esta unha aproximación persoal, a través dun imaxinario plástico e decadente, dese ballet clásico que é Giselle, obra estreada en París en 1841, en dous actos, coreografada por Jean Coralli e Jules Perrot, con libreto de Théophile Gautier e Vernoy de St. Georges e música de Adolphe Adam.
A PEZA ESTARÁ NO AUDITORIO DE GALICIA MAÑÁ MARTES DÍA 10, A PARTIR DAS 21.00 HORAS, COMO INICIO DUNHA XIRA DE TRES MESES QUE INCLÚE MARROCOS E XORDANIA
[09/03/2009]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) presenta Giseliña mañá martes 10 de marzo ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia de Santiago. A nova produción propia da entidade está dirixida polo coreógrafo Cisco Aznar, conta co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura e está coproducida xunto ao teatro La Laboral de Xixón e o Centro Párraga de Murcia. Giseliña, que foi estreada a pasada fin de semana no Teatro Rosalía Castro da Coruña, poderá verse en distintos teatros galegos, viaxará a outros escenarios da xeografía española e tamén se exhibirá en Marrocos (nas cidades de Rabat e Tetuán) e Xordania (en Amán).
DOCE BAILARÍNS E BAILARINAS POÑEN EN ESCENA ESTE TRABALLO QUE TEN COMO REFERENCIA O BALLET GISELLE E A TRADICIÓN POPULAR GALEGA
[05/03/2009]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) estrea Giseliña este sábado 7 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A nova produción propia da entidade está dirixida polo coreógrafo Cisco Aznar, conta co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura e está coproducida xunto ao teatro La Laboral de Xixón e o Centro Párraga de Murcia. Tralas funcións na Coruña, onde se representará tamén o día 8, Giseliña poderá verse en distintos teatros galegos, viaxará a outros escenarios da xeografía española e se exhibira tamén en Marrocos (nas cidades de Rabat e Tetuán) e Xordania (en Amán).
[05/02/2009] O 7 e o 8 de febreiro a galega Esther Eirás impartirá un curso de danza Graham no Centro Coreográfico Galego, esta actividade forma parte da oferta de formación do CCG para a temporada 08-09. O curso, dirixido a estudantes e profesionais da danza e outras artes do movemento obtivo unha gran acollida, cubríndose todas as prazas que se ofertaban.
O CENTRO CÍVICO CULTURAL ACOLLE ESTE VENRES DÍA 23, ÁS 20.30 H, A PRIMEIRA FUNCIÓN DESTA PEZA, QUE CONTINUARÁ EN CARTEL O SÁBADO 24 ÁS 20.00 H
[21/01/2009]
A compañía galega Entremans e o Centro Coreográfico Galego (CCG) da Consellería de Cultura e Deporte estrean o venres 23 ás 20.30 h no Centro Cívico Cultural de Arteixo o espectáculo Concerto desconcerto. A montaxe pertence ao programa de coproducións a través do que o CCG apoia proxectos de danza de iniciativas profesionais independentes e de empresas de titularidade privada.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22