[18/06/2010]
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) mantén aberto dende hoxe e ata o vindeiro día 29 de xuño o prazo de presentación de candidaturas para o posto de director/a do Centro Coreográfico Galego (CCG). Segundo as bases publicadas na web da Agadic, o procedemento de selección realizarase mediante libre designación polo Consello de Dirección desta entidade da Consellería de Cultura e Turismo, a proposta do seu director, para o que se terán en conta "criterios de competencia profesional e experiencia entre persoas con titulación superior".
O XACOBEO 2010 COLABORA NO DESENVOLVEMENTO DESTES ENCONTROS FORMATIVOS CO GALLO DAS TRES ACTUACIÓNS QUE OFRECERÁ EN GALICIA A PRESTIXIOSA COMPAÑÍA ESTADOUNIDENSE
[17/06/2010]
A Merce Cunningham Dance Company ofrecerá tres master class de danza en Santiago de Compostela que, baixo a coordinación do Centro Coreográfico Galego, terán lugar nas mañás dos días 24, 26 e 28 de xuño na sala de ensaios da nave da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) no polígono de Costa Vella. O Xacobeo 2010 colabora na organización destas sesións formativas, que se desenvolven coincidindo coas actuacións da prestixiosa compañía estadounidense en Vigo, Santiago e A Coruña dentro da programación "Camiño das artes escénicas".
A AGADIC PATROCINA A PARTICIPACIÓN DO GRUPO CORUÑÉS NESTE ENCONTRO INTERNACIONAL DE DANZA COA MONTAXE QUE REALIZOU EN COPRODUCIÓN CO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO
[10/06/2010]
A compañía coruñesa Entremans presentará mañá venres en Madrid a súa montaxe de danza Concerto Desconcerto como parte do cartel artístico do festival Mov-s, que este ano organiza o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e o Mercart de les Flors de Barcelona. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) patrocina a incorporación deste espectáculo, realizado en coprodución co Centro Coreográfico Galego, no programa deste encontro internacional de danza e das artes do movemento que se desenvolve dende hoxe e ata o vindeiro domingo día 13 en diferentes espazos madrileños.
[04/05/2010]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) da Consellería de Cultura e Turismo inicia o seu programa de formación para este ano cun ciclo de seis master class de danza clásica e contemporánea, que se desenvolve na súa sede da Coruña ata o vindeiro 7 de maio. As actividades formativas, dirixidas tanto aos profesionais da danza como a estudantes, continuarán tralo verán ata completar un total de 10 cursos en 2010, aos que haberá que sumar as accións pedagóxicas que se organizaran en paralelo ao proceso de produción e distribución do próximo espectáculo do CCG: Ethéria. A viaxe soñada, da coreógrafa Mercedes Suárez.
A MONTAXE QUE FORA ESTREADA EN GALICIA EN 2009 VIAXARÁ AO REINO HACHEMITA MEDIANTE UN ACORDO ACADADO CO INSTITUTO CERVANTES
[27/04/2010]
Ovay, o espectáculo coproducido en 2009 como debut da compañía de danza Quique Peón e realizado en coprodución co Centro Coreográfico Galego, levará a cabo unha serie de representacións a principios de maio en Xordania, en virtude dun acordo acadado co Instituto Cervantes e os seus centros asociados no reino hachemita. Desenvolveranse en total 3 funcións, que terán lugar o día 3 no Free Theatre Festival de Amman, o 5 no Centro Cultural Rey Abdullah II de Zarqa e o 6 de maio tamén en Amman, pero desta volta no Gran Teatro da Universidade da capital xordana.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34