ESTREARÁ 'KIOSCO DAS ALMAS PERDIDAS', CON DIRECCIÓN DE ROBERTO OLIVÁN E MÚSICA DE MERCEDES PEÓN, A FINAIS DE FEBREIRO NA CORUÑA
[21/11/2007]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) enfronta a súa temporada 2007-2008 co obxectivo de consolidar o seu labor a prol do desenvolvemento da danza en Galiza a través dun amplo programa de creación, produción, investigación e formación que foi presentado este mediodía na Coruña pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. Neste segundo período de actividade, a unidade de danza creada en 2006 no seo do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) estreará unha produción e tres coproducións, ademais de acoller diferentes artistas en residencia e de potenciar un programa formativo transversal ao resto da programación e dirixido tanto aos profesionais como a públicos de diferentes idades.
[20/08/2007] Máis dun centenar de bailaríns e bailarinas chegados de diferentes países de Europa e América participan dende esta mañá na audición pública que o Centro Coreográfico Galego (CCG) está a desenvolver na sede do INEF Galicia, no concello coruñés de Oleiros. Os aspirantes optan ás 10 prazas convocadas co obxectivo de configurar o corpo de baile da unidade de danza do IGAEM para a temporada artística 2007-2008.
IMPARTE CLASES DE DANZA CLÁSICA ACADÉMICA E UN OBRADOIRO DE METODOLOXÍA DA ENSINANZA[16/07/2007] Un total de 16 alumnos e alumnas participa dende esta mañá nas clases de Danza Clásica Académica e no obradoiro de Metodoloxía da Ensinanza para Profesores de Danza que imparte na Coruña Martim Padrom, director do Centro Coreográfico da Gomera, dentro do programa de actividades formativas para profesionais da danza que desenvolve o Centro Corográfico Galego (CCG).
A SÚA XIRA GALEGA AMPLÍASE CON OITO NOVAS CITAS
[07/06/2007] Vacuo, a peza inaugural do Centro Coreográfico Galego (CCG) creada e dirixida por Maruxa Salas, representarase na cidade de León mañá día 8 de xuño dentro do festival de danza El Tableteo de la Cigüeña, ampliando deste xeito a xira que está a desenvolver dende xaneiro por diferentes escenarios dentro e fóra de Galiza. Neste mes de xuño, a primeira coreografía da nova unidade de produción de danza da Consellaría de Cultura terá, ademais, outras seis citas co público galego: Oleiros (día 10), Vilalba (día 16), San Sadurniño (día 17), As Pontes (día 22), Monforte de Lemos (día 23) e Viveiro (día 29). Xa en xullo, actuará na Estrada (día 1) e no Festival de Ortigueira (día 6).
20 ALUMNOS PARTICIPAN NO TALLER DE JANUSZ SUBICZ
[04/06/2007] Un total de vinte alumnos e alumnas participan dende hoxe no taller de improvisación e composición coreográfica que imparte na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG), na Coruña, o bailarín de orixe polaca Janusz Subicz, discípulo da mítica coreógrafa alemá Pina Baush. Esta iniciativa enmárcase no programa de actividades formativas do CCG dirixidas especialmente aos profesionais galegos da danza, que prevé a celebración doutros nove obradoiros até finais deste ano.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22