Coproducións
O programa de coproducións apoia proxectos profesionais de danza de iniciativa privada e independente.
Pincha aquí para descargar a convocatoria correspondente ao ano 2010.
Os proxectos seleccionados para coprodución recibirán o apoio económico e a asistencia técnica do CCG, que asociará obrigatoriamente ao proceso de traballo un servizo de acompañamento artístico.
A asistencia técnica consistirá en prestar un servizo de análise, asesoramento, planificación e viabilidade de estratexias tanto de xestión, financiamento e comercialización, como artístico.
As compañías, creadores/a ou colectivos que desexen presentar unha proposta de coprodución co
CCG para o ano 2010 deberán remitir o seu proxecto artístico
do 1 ao 15 de setembro de 2010, indicando "Programa de Coproducións do CCG-Temporada 2010" a:
- Correo electrónico: actividades.ccg
xunta.es
- Correo postal: Centro Coreográfico Galego
Complexo Deportivo de Elviña
Avda. Glasgow nº 11. 15008 A Coruña
Coa solicitude deben presentarse os seguintes documentos:
- Memoria explicativa do proxecto onde se especifique o título e autor do espectáculo, a ficha artística e técnica, a data e o local previsto para a estrea.
- Orzamento total pormenorizado e orzamento solicitado ao CCG.
- Memoria da traxectoria da entidade solicitante e curriculos dos integrantes do proxecto, indicando estudos realizados, actividades profesionais desempeñadas e outros datos representativos da súa formación.
A resolución farase pública o 30 de setembro de 2010.