Aínda
Directora: Mercedes Suárez
Tempada: 2011-2012
Estrea: maio de 2012
AÍNDA é un espectáculo do Centro Coreográfico Galego
realizado baixo a dirección artística de Mercedes Suárez.
Está composto por dúas pezas:
Jardí Tancat, de Nacho
Duato; e
Aínda, de Mercedes Suárez e Amaury Lebrun.
O CCG ofrece deste xeito un programa dobre no que
combina e fai dialogar a creación actual cun título
de referencia no repertorio dancístico a través da
representación de
Jardí Tancat, a obra coa que Duato
iniciou a súa carreira como figura imprescindible da arte
coreográfica española e internacional.
AÍNDA é o sexto espectáculo do Centro Coreográfico Galego.
-
Dossier do espectáculo (pdf, 4,9 Mb)