AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Formación


Formación

O programa de formación do CCG oriéntase a dous colectivos: os/as profesionais da danza e a cidadanía en xeral.

Para os/as profesionais o Centro Coreográfico organiza e promove accións formativas de carácter especializado abordando diferentes temas, dende a creación coreográfica á formación específica dos bailaríns e das bailarinas, até a formación doutros/a profesionais relacionados/as co sector.

Para a cidadanía o Centro Coreográfico organiza e promove actividades de carácter pedagóxico orientadas a sensibilizar públicos e fidelizar os xa existentes, ademais de favorecer o interese da cidadanía por esta arte escénica.

Á hora de abordar os programas formativos o Centro Coreográfico tende pontes e crea vínculos con outras estruturas coa fin de realizar unha oferta descentralizada rendabilizando os recursos existentes e adaptándose ás necesidades reais das diferentes zonas xeográficas do noso territorio.

Accesibilidade | Aviso legal

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e DeporteAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais