O Centro Coreográfico Galego convoca un proceso de selección para a contratación de 12 prazas de bailaríns/inas para o seu próximo espectáculo, Etheria. A viaxe soñada, baixo a dirección da coreógrafa coruñesa Mercedes Suárez. Segundo as bases publicadas o 24 de febreiro de 2010 na web da AGADIC, os interesados en participar nas audicións teñen de prazo ata o vindeiro día 13 para remitir as súas solicitudes.
As probas de selección celebraranse na Coruña, na sede do Centro Coreográfico Galego (Rúa Glasgow 15. Complexo Deportivo de Elviña), os días 29 e 30 de marzo, entre as 10:00 e as 14:00 horas; e entre as 15:30 e as 20:00 horas.
As audicións constarán das seguintes fases:
1. Clase de danza clásica académica, cunha hora e media de duración. Esta fase será eliminatoria.
2. Desenvolver unha variación clásica ou contemporánea, así como unha improvisación, nun tempo máximo de 5 minutos.
3. Entrevista persoal.
Ligazóns